Plan Proxecta

RAQUEL CASTRO VISITOU O IES MARTAGUISELA DO BARCO DE VALDEORRAS PARA FALAR DA SÚA OBRA DRAMÁTICA DORMENTE

Dentro do programa “Encuentros literarios” da Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura do Ministerio de Cultura y Deporte tivemos a ocasión de que nos visitase a escritora Raquel Castro o pasado venres, día 18 de marzo, para compartir co alumnado de 2º ESO a súa obra dramática Dormente.

O alumnado previamente á visita da autora lembrou o conto tradicional “La Bella Durmiente” en quen se inspirou Raquel Castro para a continuación levar a cabo unha lectura dramatizada da peza de teatro na aula, ademais tamén elaborou unha presentación biográfica e unhas preguntas para facerlle unha entrevista á autora.

As profesoras responsables desta tarefa foron Pilar Fernández nos grupos 2º ESO A e C e Pilar López en 2º ESO B do Departamento de Lingua e Literatura Galega. As/os alumnas/-os encargadas de presentar a escritora en 2º B foron: Sofía Lobo Rodríguez, Leo Núñez Santín e Naia González López e Sarahí Gázquez Meza e Fernando López Braz quen lle formulou varias preguntas. Na segunda quenda do encontro foron Sara Arias Cotarelo de 2º ESO A e Ángel Vedo Vidal de 2º ESO C os que presentaron a autora de Dormente.

Deixámosvos algunhas fotografías do acto así como a gravación da entrevista.

 

Powered by Drupal - Design by artinet