Plan Proxecta

O IES MARTAGUISELA CELEBROU O DÍA DAS ESCRITORAS (19 de Outubro)

Dentro do Plan Proxecta 365 días de respecto e igualdade e en colaboración coa Biblioteca do centro celebramos o Día das Escritoras o día 19 de outubro.

Continúa lendo facendo clic aquí ou na imaxe.

 

NO IES MARTAGUISELA DO BARCO DE VALDEORRAS O ALUMNADO DA ESO DEMOSTROU A SÚA CREATIVIDADE E IMAXINACIÓN PARA EXPRESARSE A TRAVÉS DA ARTE.

Dentro do Plan Proxecta 365 días de respecto e igualdade e grazas á Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, seguimos levando a cabo diferentes actividades co alumnado da ESO.

 

Entre os días 21 de febreiro e 6 de marzo de 2022 tivemos a ocasión de contemplar no noso centro educativo a exposición fotográficaExpress-Arte” na que a través de 15 cadros o alumnado puido observar unha perspectiva de diferentes realidades dende a arte. Esta exposición foi creada no marco do programa de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero e impulsado pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucense (AXEL).

A partir desta extraordinaria exposición o noso alumnado de 2º, 3º e 4º ESO quixo expresarse a través da arte e realizou unha actividade de imitación de cadros e/ou fotografías de personaxes femininos coa que realizamos á entrada do instituto unha exposición durante todo o mes de xuño.

Veredes como deixaron voar a súa imaxinación e a súa creatividade.

Parabéns rapazas e rapaces polo voso gran traballo.

 Deixámosvos algunhas fotografías da exposición e dos traballos do alumnado.

 

PROXECTO RÍOS

O IES Martaguisela leva máis de dez anos colaborando no programa Proxecto Ríos, no curso 2021- 2022 dentro do Plan Proxecta, involucrando ao seu alumnado no estudo dun tramo do río Sil ao seu paso pola vila de O Barco, transmitindo á comunidade educativa a importancia que ten  o coidado do noso río e a súa contorna, á vez que se trata de aportar valores que promovan conciencia de respecto e protección do medio ambiente.

O proxecto ríos permite ao alumnado participar  nun traballo de investigación, involucrarse na conservación do principal ecosistema da súa contorna. Tomar conciencia da importancia do seu coidado e protección.

   

Un dos obxectivos do proxecto: “Promover na comunidade educativa un cambio de actitude ante os problemas do noso planeta, baseado no coñecemento dos mesmos e a reflexión”.

Desenvolvendo na comunidade educativa valores relacionados co respecto e protección do medio ambiente.

Concienciando ao alumnado sobre a repercusión e influenza de seu comportamento no medio ambiente, así como a necesidade dunha resposta activa e responsable na resolución de problemas ambientais.

Promovendo o cambio de hábitos que con leven menos efectos prexudiciais para o medio ambiente.

Contribuíndo no desenvolvemento da personalidade e as capacidades do alumnado, sabendo que serán as persoas do futuro e que, por tanto, deberán manter unha relación respectuosa co medio ambiente.

Fomentando no alumnado un sentimento real de responsabilidade individual y colectiva sobre los problemas do medio ambiente.  

O alumnado fotografía mostras do deterioro do medio natural, no tramo de traballo., recolle datos do estado da contorna,  para unha posta en común, buscando as posibles causan que desencadean o problema ambiental.

Mostra de eutrofización 

 Vertido de lixo

Seca 

O alumnado  aprende a valorar e coñecer o medio fluvial, recollendo mostras, de flora e fauna, e analizando parámetros que lle indiquen a calidade das augas.

   

  

  

  

  

  

 Elaboración de mapas

 

 

 Contrastando datos no laboratorio

 

NO IES MARTAGUISELA DO BARCO DE VALDEORRAS O ALUMNADO DE 1º BAC ASISTIU A UNHA INTERESANTE CHARLA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO NAS RELACIÓNS DE PARELLA NA MOCIDADE

Dentro do Plan Proxecta 365 días de respecto e igualdade e grazas á Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, seguimos levando a cabo diferentes charlas-obradoiros co alumnado de Bacharelato. O pasado 24 de marzo foi o alumnado de 1º BAC quen asistiu a unha charla sobre Violencia de xénero nas relacións de parella na mocidade.

Este obradoiro foi impartido por persoal especializado do Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero de Santiago de Compostela.

Nesta ocasión,  partindo da frase de María Teresa Miras Portugal “Hay que coger el bisturí y analizar tus propias ideas confrontándolas con las de los demás” a relatora deulle a oportunidade ao alumnado de descubrir e afondar sobre o que é e o que non é amor, cales son as fases do namoramento para controlar o noso cerebro que, en ocasións, non permite ver a realidade que temos diante, ademais identificou os mitos do amor romántico para tratar de identificalos con intelixencia emocional. En definitiva, deulles pautas para detectar o amor baseado no bo trato e identificar as propias emocións para escapar da dependencia da outra persoa que conforma a parella  e o importante que resulta ter ao noso carón alguén de plena confianza para poder compartir momentos difíciles.

 

Deixámosvos algunhas fotografías de diferentes momentos da charla.

NO IES MARTAGUISELA DO BARCO DE VALDEORRAS REALIZAMOS UN ENCONTRO LITERARIO CON ANDREA MACEIRAS

ENTREVISTA A ANDREA MACEIRAS

PRESENTACION DIEGO NOGUEIRAS

ENTREVISTA A ANDREA MACEIRAS

ALEX - INDIA -  JAIRO

Dentro do Plan Proxecta, 365 días de respecto e igualdade, e en colaboración coa Biblioteca do centro, levamos a cabo un encontro literario coa escritora Andrea Maceiras que nos veu falar de dous dos libros que leu o alumnado de 1º e 3º ESO, A folla azul e Europa Express respectivamente. Esta xuntanza tivo lugar o día 7 de marzo, previo ao Día da Muller, para pór en valor o traballo desta magnífica autora.

Foi Diego Nogueiras Pérez de 3º ESO o encargado de presentarnos a escritora que dende moi nova sentiu un amor extraordinario polas historias e comezou a escribir para unha destinataria moi especial como era a súa irmá pequena, de aí que se dedicase á literatura infantil e xuvenil. Diego Nogueiras destacou a súa prolífera actividade literaria (Proxecto bolboreta, O segredo do lagarto arnal, Nubes de evolución, Miña querida Sherezade, Volverás golfiño, Conta nove estrelas e O que sei do silencio)  e os diferentes premios acadados (premio Meiga Moira, Premio Jules Verne, Premio Lazarillo, etc). Ademais subliñou que escribe por todas as cousas que foron, serán ou puideron ter sido, xa que concibe a literatura como unha forma diferente de existencia ou viaxe.

Deseguido Alejandro Martínez González, India López Arias e Jairo Núñez Nogueira, alumnos de 3º ESO, realizáronlle unha entrevista que vos deixamos para que a escoitedes.

A continuación, o alumnado de 3º ESO mantivo unha conversa moi amena coa escritora entorno á obra Europa Express que leron durante o primeiro trimestree ao finalizar asinoulles os exemplares que previamente mercaran.

Para rematar a tarde literaria, o alumnado de 1º ESO achegouse ao Salón de Actos para falar sobre a obra A folla azul. Neste caso, Andrea Maceiras contoulle a súa paixón pola selva amazónica compartindo reflexións moi interesantes nas que interveu o alumnado de xeito activo e emocionou a propia escritora. Como non podía ser doutro xeito, tamén lle asinou os exemplares do libro A folla azul.

 Deixámosvos algunhas fotografías de diferentes momentos do encontro literario con Andrea Maceiras.

 

NO IES MARTAGUISELA DO BARCO DE VALDEORRAS CELEBRAMOS O DÍA de ROSALÍA DE CASTRO

Dentro do Plan Proxecta, 365 días de respecto e igualdade, celebramos o Día de Rosalía de Castro o pasado día 23 de febreiro co alumnado de todo o centro educativo tanto ESO coma BAC.

 Seguindo as recomendacións da Asociación de Escritores en Lingua Galega o alumnado do noso centro educativo decorou diferentes flores, en especial, pensamentos, por ser a flor favorita da autora do Rexurdimento. Estas flores foron expostas polos corredores do centro. Ademais diferentes alumnos e alumnas fixeron debuxos da escritora: Alicia Pérez Sánchez de 2º ESO, Martín Fernández Gil e Miguel Ortiz Sousa de 4º ESO e Mauro Docampo Gacio  de 2º BAC B quen, dun xeito espectacular pintou un cadro co rostro.

Alicia Marco Martín Miguel

Alén desta actividade a profesora de Música, Marta Cortés, estivo a ensaiar co alumnado: Jairo Núñez Nogueira de 3º ESO, Miguel Ortiz Sousa de 4º ESO e Julia Barrio Tourís de 2º BAC A unha pequena representación teatral adaptada da obra de Vidal Bolaño e posteriormente pasaron por todas as aulas representando maxistralmente a súa peza.

E para rematar o mes da autora o alumnado de 3º ESO leu os diferentes poemas de Cantares Gallegos coa intención de realizar un audiolibro que, en breve, publicaremos.

Deixámosvos algunhas fotografías de diferentes momentos da realización do decorado e exposición das flores, así como o vídeo da representación teatral e os retratos da autora.

 

NO IES MARTAGUISELA DO BARCO DE VALDEORRAS CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Dentro do Plan Proxecta,365 días de respecto e igualdade, celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia o pasado día 11 de febreiro co alumnado de 3º ESO.

O encargado desta actividade foi o profesor de Física e Química, José Ángel Liste Alvarellos, quen lle explicou ao alumnado de 3º ESO que este día foi proclamado no ano 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as rapazas.

Así o alumnado realizou uns murais sobre seis grandes científicas da historia co fin de visibilizar o traballo destas mulleres que se dedican ou dedicaron ás áreas STEM.

As seleccionadas para este fin foron: Marie Curie, Rosalind Franklin, Lise Meitner, Margarita Salas, Jennifer Doudna e Emmanuelle Charpentier.

Os murais rematáronse durante o propio día 11 de febreiro e foron posteriormente pendurados polo corredor da entrada á Biblioteca do centro, para desta maneira poñer en coñecemento de toda a comunidade educativa os logros científicos destas relevantes mulleres.

 

 Deixámosvos algunhas fotografías de diferentes momentos da realización dos murais.

 

 

NO IES MARTAGUISELA DO BARCO DE VALDEORRAS SEGUIMOS CON CHARLAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dentro do Plan Proxecta365 días de respecto e igualdade e grazas á Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, seguimos levando a cabo diferentes charlas co alumnado da ESO. O pasado 16 de decembro foi o alumnado de 3º da ESO quen asistiu a unha charla sobre Violencia de xénero no novo contexto dixital.

Este obradoiro foi impartido pola asociación vasca Pantallas Amigas, que levan dende o ano 2004 traballando cos adolescentes para desenvolver nos máis novos as habilidades e as competencias dixitais que lles permitan participar de forma activa, positiva e saudable na rede.

Nesta ocasión, o alumnado de 3º ESO tivo a oportunidade de descubrir e afondar novas formas de violencia que xorden no contexto dixital, en especial a ciberviolencia de xénero, o grooming, sextorsión, etc, así como ver e debater sobre a Historia de Pepe y Pepa de Carme Ruíz Repullo para detectar pequenas mostras de micromachismos,

 

 Deixámosvos algunhas fotografías de diferentes momentos da charla.

Powered by Drupal - Design by artinet