NO IES MARTAGUISELA DO BARCO DE VALDEORRAS CELEBRAMOS O DÍA de ROSALÍA DE CASTRO

Dentro do Plan Proxecta, 365 días de respecto e igualdade, celebramos o Día de Rosalía de Castro o pasado día 23 de febreiro co alumnado de todo o centro educativo tanto ESO coma BAC.

 Seguindo as recomendacións da Asociación de Escritores en Lingua Galega o alumnado do noso centro educativo decorou diferentes flores, en especial, pensamentos, por ser a flor favorita da autora do Rexurdimento. Estas flores foron expostas polos corredores do centro. Ademais diferentes alumnos e alumnas fixeron debuxos da escritora: Alicia Pérez Sánchez de 2º ESO, Martín Fernández Gil e Miguel Ortiz Sousa de 4º ESO e Mauro Docampo Gacio  de 2º BAC B quen, dun xeito espectacular pintou un cadro co rostro.

Alicia Marco Martín Miguel

Alén desta actividade a profesora de Música, Marta Cortés, estivo a ensaiar co alumnado: Jairo Núñez Nogueira de 3º ESO, Miguel Ortiz Sousa de 4º ESO e Julia Barrio Tourís de 2º BAC A unha pequena representación teatral adaptada da obra de Vidal Bolaño e posteriormente pasaron por todas as aulas representando maxistralmente a súa peza.

E para rematar o mes da autora o alumnado de 3º ESO leu os diferentes poemas de Cantares Gallegos coa intención de realizar un audiolibro que, en breve, publicaremos.

Deixámosvos algunhas fotografías de diferentes momentos da realización do decorado e exposición das flores, así como o vídeo da representación teatral e os retratos da autora.

 

Powered by Drupal - Design by artinet