Fabricando xoguetes para viaxar a Milán

O Ciclo de madeira do IES Antón Losada decidiu elaborar e vender xoguetes de madeira para sacar fondos para financiar unha viaxe a Milán o próximo mes de abril, á feira internacional do moble.
O traballo realízano conxuntamente profesores e alumnos. Os profesores están moi contentos coa resposta dos alumnos, ao que cualifican de ‘moi bos e traballadores’. Os alumnos agradecen o compromiso do profesorado e estes saben que o aprendido vailles valer para no futuro.
Comezaron con esta actividade no primeiro trimestre. En outubro comezaron a buscar entre todos, a través de Internet, modelos de xoguetes que se adaptasen as súas posibilidades de fabricación e de prezo asumible. Despois elaboraron os planos, sacaron os padróns e prepararon os prototipos. Por último, comezou a produción de tipo artesanal, pero cun sistema industrial para reducir custos. Para levar a cabo este traballo, alumnos e profesores levan meses traballando fóra do horario escolar, e mesmo durante as vacacións de Nadal.
Os obxectos teñen unha dobre función. Poden ser usados como xoguetes polos nenos, pero tamén son produtos ornamentais, cos que decorar calquera espazo da casa. Esta dobre función condicionou os materiais e os acabados elixidos.
A maioría están feitos en madeira de piñeiro do país, aínda que nalgún caso tamén recorreron a madeiras tropicais tropicais moi lixeiras (nas rodas, por exemplo). Os colores son alegres e inofensivos, con pinturas hidroalcólicas para garantir que non sexan tóxicas. Os nenos poden chuchar neles sen perigo.
Os xoguetes teñen unha gran demanda. Na feira de antigüidades e artesanía, celebrada a principios de decembro na Estrada foron moi ben acollidos, ao igual que no propio Instituto. Hainos animados, como coellos que simulan o salto característico da especie, e xirafas con rodas. Os refugallos restantes da fabricación dos animais de maior tamaño aproveitáronse para facer coches pequenos de madeira.
O seu obxectivo de sortear os efectos da crise, e poder viaxar a un evento crucial para coñecer cara onde camiña o sector, semella que o van conseguir. O Ciclo de Madeira xa recadou o 50% do custo da viaxe en avión a Milán. En definitiva, unha espléndida iniciativa cuxos beneficios pódense apreciar non só na venda dos xoguetes, senón tamén nas súas posibilidades formativas. O alumnado aprende a planificar, organizar a produción e rendibilizar custos. Aspectos todos eles fundamentais no se futuro laboral.

Educación de Adultos

Do 10 ó 16 de xaneiro

Aberto o prazo de matrícula en 2º e 4º de ESO de Educación de Adultos

A Aula de Teatro do IES Antón Losada representa "Viaxe ao país da fantasía"

O grupo da Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez da Estrada: “Avelaíñas teatro”, representa a súa primeira obra: “Viaxe ao país da fantasía”.

O grupo está formado por 39 alumnos e alumnas de distintos niveis educativos, dirixidos polo profesor Afonso García.

A obra, de 50’ de duración, é unha creación colectiva de teatro infantil-familiar, un heteroxéneo universo de situacións con fantasía, humor e reflexión. Catro historias que se entretecen a través da conexión co público e que teñen como temática o coidado e conservación da natureza.

Representacións (de balde):

-          18 de decembro ás 20 horas no Salón de Actos do IES Antón Losada

-          19 de decembro ás 21 horas no Teatro Principal da Estrada

-          20 de decembro en dúas sesións, ás 11 e ás 12, no Colexio de Figueiroa para o alumnado do Centro.

 

recitandocelsoemilio

Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) réndelle unha homenaxe pública este mércores, 12 do 12 do 2012.

O Club de Lectura Retelladores do Galiñeiro súmase a iniciativa, convidando a todos os membros da comunidade educativa do IES Antón Losada a recitar o poema Deitado frente ao mar, na Biblioteca... ás 12. 

DEP. DE MATEMÁTICAS: CONFERENCIA DE ALBERTO COTO (22/11/2012)

 

   

 

 

 

O pasado 22 DE NOVEMBRO o departamento de MATEMÁTICAS organizou unha charla con Campeón do Mundo de Cálculo Alberto Coto.

Asisitiron os alumnos e as alumnas de 1º, 2º e 3º ESO que disfrutaron coa rapidez de cálculo de Alberto.

Para saber máis sobre Alberto Coto: http://es.wikipedia.org/wiki/Alberto_Coto_Garc%C3%ADa

A súa páxina oficial: www.albertocoto.com

Se tes interese en conseguir o libro publicado por Alberto Coto onde explica algúns dos seus trucos, podes porte en contacto con calquera dos profesores de matemáticas.

CONFERENCIA DO CAMPEÓN DO MUNDO DE CÁLCULO ALBERTO COTO

 

XOVES 22 DE NOVEMBRO 2012

HORA: 9:30 - 10:30

 

CURSOS: 1º ESO - 2º ESO - 3º ESO

Para saber máis sobre Alberto Coto: http://es.wikipedia.org/wiki/Alberto_Coto_Garc%C3%ADa

A súa páxina oficial: www.albertocoto.com

Pensar Políticamente o Presente

O departamento de Filosofía do IES Antón Losada Diéguez organiza un ciclo de charlas que teñen por obxeto reflexionar sobre os cambios políticos que veñen producíndose ao longo das últimas décadas en todo o mundo. As novas realidades sociais e políticas xurdidas da globalización e da multiculturalidade supoñen un importante desafío para as sociedades democráticas, e de aí nace a necesidade de pensar políticamente o presente.

Programa das xornadas