CALENDARIO DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES

A Consellería de Educación ven de publicar as NOVAS DATAS PARA A CELEBRACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO DE GRAO MEDIO E DE GRAO SUPERIOR. CONVOCATORIA 2021.

Pode consultarse toda a información NESTE ENLACE

 

COLABORACIÓN DA FP DUAL DO LOSADA COA ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL

O alumnado do CM de Instalación e Amoblamento (FP Dual) que se imparte no IES Antón Losada Diéguez participou no proxecto de deseño e realización de amoblamento para a Escola de Educación Infantil A Galiña Azul da Estrada. Este é o resultado:

 

INTENSA ACTIVIDADE NOS CLUBS DE LECTURA DO LOSADA

Como tantas outras cousas este complicado curso, os Clubs de Lectura da Biblioteca do Losada son diferentes, como se ve na imaxe. A pesar diso, moita actividade, moita intensidade e moita participación.

Máis información no blog da Biblioteca:

CLUBS DE LECTURA 1º TRIMESTRE

 

NOVA EXPOSICIÓN DO ALUMNADO DE 4º ESO

Na nosa particular sala de exposicións loce unha nova mostra das habilidades do alumnado de 4º ESO. Trátase dun conxunto de versións de grandes clásicos da pintura e do deseño universal. Como non podía ser doutro xeito, a iniciativa foi secundada coas visistas da comunidade educativa. Parabéns polo traballo.

INICIO DAS CLASES NO MÓDULO 4 DO ENSINO DE PERSOAS ADULTAS

O vindeiro luns, 8 de febreiro darán comezo as clases do MÓDULO 4 da ESA (Ensinanzas de Persoas Adultas) no  IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.

A matrícula para o Módulo está aberta e debe realizarse na Secretaría.

CALENDARIO DE EXAMES ESA MÓDULO 3

No transcurso da última semana deste mes de xaneiro celebraranse os exames finail do Módulo 3 do Ensino Secundaria de Persoas Adultas. Pode consultarse no seguinte enlace:

CALENDARIO EXAMES ESA M3

ABERTO O PERÍODO DE RESERVA DE PRAZA NO CENTRO

Publicadas as datas para a reserva de prazas en 1º ESO no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez para alumnado procedente doutro centro que este ano curse 6º de primaria. Esta reserva farase no centro educativo de orixe no que o alumno ou alumna estea cursando estudos este ano. 

Inicio: 11 de xaneiro

Remate: 8 de febreiro

MÁIS INFORMACIÓN NESTE ENLACE.

ÚLTIMAS ACTIVIDADES DO 2020

A pesar das dificultades que este ano tan complicado temos para a organización de actividades, o primeiro trimestre rematou cun bo número e nivel de iniciativas dos diferentes departamentos. Aí vai un resume das mesmas neste derradeiro día do 2020.

CONCURSO DE CARICATURAS REVISANDO A LOSADA DIÉGUEZ

Organizado polo Departamento de Plástica, e dirixido ao alumnado de 3º ESO. Trátabase de facer unha versión libre da famosa caricatura de Losada Diéguez, realizada por Castelao. O alumnado da profe Patricia fixo unhas magníficas e variadas interpretacións plásticas desta obra. Os traballos gañadores de cada grupo foron escollidos polo alumnado de Plástica de 1º de Bacharelato.

Aí quedan os grupos diante dos seus traballos:

VISITA VIRTUAL Á EXPOSICIÓN GALICIA, DE NÓS A NÓS

Dentro da programación do Dto. de Galego, do EDLG e da Biblioteca, o alumnado de 2º Bacharelato do Losada tivo a ocasión de facer unha visita virtual, ao non ser posible facelo de xeito presencial na Cidade da Cultura de Galicia, á mostra Galicia, de Nós a nós. Un magnífico percorrido por un dos momentos máis importantes da historia social e cultural do noso país no século XX.

A actividade tivo lugar o xoves, 10 de decembro ás 10.00, para un grupo de alumnos/as, e venres 18 de decembro, ás 12.30 h, para o outro grupo.

 VIDEOCONFERENCIA COA CIENTIFICA GALEGA SONIA VILLAPOL

Os departamentos de Lingua Castelá e Matemáticas prepararon unha videoconferencia destinada ao alumnado de 1º ESO. A correspondente foi a prestixiosa neurocientífica galega, Sonia Villapol, que desenvolve o seu traballo en Houston, e que respondeu magnificamente as moitas cuestións que o alumnado lle propuxo arredor do tema da charla, sobre a prevención ante situacións de pandemia, e outros temas. A científica estivo acompañada pola súa filla Xeila.

Un dez para o alumnado participante e para os profes titores Rafa e Afonso que programaron a actividade.

EXPOSICIÓN DE AUTORRETRATOS NO LOSADA

Interesante iniciativa na materia de Plástica de 4º de ESO. O alumnado, dirixido pola profesora Patricia, expón no corredor da Biblioteca os seus fermosos traballos: uns coloristas autorretratos que están recibindo as felicitacións de toda a comunidade educativa. Damián, Iván, Nerea, Antía, Ainara, Eva, Alba, Nerea, Ingrid, Brenda, Ricardo, Noel, Verónica e Alejandro, xunto á profe Patricia, na foto.

Parabéns!