COMEZO DE CURSO 2021-2022. ASÍ SERÁN OS DÍAS DE INICIO.

HORARIO DE PRESENTACIÓN E INICIO DAS CLASES DO CURSO 2021-2022

 O alumnado correspondente agardará no patio dianteiro do centro, no exterior do edificio, para entrar no mesmo cando sexa convocado. Será recibido polo Equipo Directivo e os titores e titoras correspondentes.

Unha vez feita a presentación, o alumnado continuará no centro no horario e aula que lle corresponda, ata o final da xornada lectiva.

Descarga o horario en PDF AQUÍ

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO E OUTRAS INFORMACIÓNS.

Xa está publicado o calendario de exames da CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO.

Pode consultarse AQUÍ

As notas serán enviadas a través de ABALAR MÓBIL o venres 3 de setembro ás 14:00 horas

A matrícula realizarase o luns día 6 de 09:00 a 14:00.

O período de reclamacións comezará o luns 6 de setembro ás 09:00 e rematará o martes 7 de setembro ás 14:00.

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2021-2022

Xa está publicada a listaxe de libros de texto para o curso 2021-2022.

Podes consultala

AQUÍ

A REVISTA DO LOSADA

Desde mediados do mes de xuño xa contamos cun novo número de ELOGHO?, a revista promovida polo EDLG do Losada.

Aquí podes vela e descargala a toda cor:

 

Revista ELOGHO? 2021 by elogolosada

MATRÍCULA CURSO 2021-2022

Prazo de matrícula para a ESO e BACHARELATO (curso 2021-2022)

INICIO: martes 29 de xuño

REMATE: venres 9 de xullo

Non é necesario solicitar cita previa.

Horario: de 9 a 13 horas

OFERTA DE FP DUAL NO LOSADA

O IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ oferta para o curso 2021-2022 dous ciclos formativos de FP Dual. O prazo de presentación de solicitudes  comeza o 25 de xuño e remata o 2 de xullo.

FORMACIÓN REMUNERADA E ALTA INSERCIÓN LABORAL.

CICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS EN REDE

 

CICLO MEDIO DE INSTALACIÓN E AMOBLAMENTO

C

 

 

ACTO DE DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 2º BACHARELATO. PROMOCIÓN 2021

Onte, 18 de xuño, tivo lugar o acto de despedida do alumnado de 2º de Bacherelato. Outro curso máis nunhas condicións moi especiais, debido ás normas de distanciamento social e coa ausencia das súas familias, os rapaces e rapazas e o profesorado xuntáronse no centro para compartir a despedida e moitas emocións.

Aí queda un resume coas mellores imaxes do evento (picando na imaxe podes ver as imaxes máis grandes, no flickr):

Despedida de 2º de Bacharelato. Promoción 2021. 18 de xuño. IES Antón Losada Diéguez

E tamén podes ver o vídeo que recolle os mellores momentos do seu paso polo Losada:

PRAZOS DE ADMISIÓN PARA OS CICLOS FORMATIVOS

XA PODEN CONSULTARSE OS PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA OS CICLOS FORMATIVOS:

O prazo xeral de presentación de solicitudes comeza o 25 de xuño ás 9:00 ao 2 de xullo ás 13:00 horas, para a FP Dual e 5 de xullo ás 13:00 para o resto.

CICLOS FORMATIVOS (Réxime ordinario e persoas adultas) AQUÍ

CICLOS FORMATIVOS (FP Dual) AQUÍ

PUBLICADO O CALENDARIO DE EXAMES FINAIS DAS ENSINANZAS DE PERSOAS ADULTAS

Xa está publicado o calendario de exames finais de ensinanzas de persoas adultas:

CALENDARIO 1º BACHARELATO

CALENDARIO 2º BACHARELATO EXTRAORDINARIA (Para o alumnado que non superou a convocatoria ordinaria de maio)

CALENDARIO ESA M4