ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Xa está inciado o proceso de renovación do Consello Escolar do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez. 

As votacións para renovar os/as representantes nos diferentes sectores que o compoñen terán lugar o vindeiro 24 de novembro de 2021.

Os postos que van ser renovados son os seguintes: 

Profesorado: 60% (4 representantes)    

Alumnado: 50% (2 representantes) Na elección os/as 2 máis votados/as substituirán aos 2 que rematan mandato, e terán nomeamento ate o 2024. Os/as 2 seguintes cubrirán as restantes vacantes e terán nomeamento ate o 2022.

Nais e pais: só corresponde renovar ao representante da ANPA, os outros dous renóvanse na seguinte elección.

Persoal de administración e servizos: 100% (1 representante) Corresponde renovar o representante.

O prazo de presentación de candidaturas remata o xoves 11 de novembro e dita presentación debe facerse na Secretaría do centro.

Pode descargarse o documento co calendario correspondente a estas eleccións NESTE ENLACE.


 

XA ESTAN EN MARCHA DIFERENTES ACTIVIDADES NO LOSADA

Despois dun curso 2020-2021 moi complicado, este ano comezamos o curso coa posta en marcha de diferentes actividades, camiñando pouco a pouco cara a normalidade.

A Biblioteca xa deu comezo ao proxecto dos Clubs de Lectura, que este ano serán cinco diferentes con máis de 50 rapaces e rapazas participantes. Aí que da unha imaxe de mostra.

Tamén a iniciativa da Biblioteca, e do EDL tivo lugar un certame de deseño para a elaboración de marcapáxinas con motivo da celebración do día das bibliotecas, o pasado 24 de outubro. No blog da biblioteca podes ver máis imaxes e información sobre estas actividades.

E tamén iniciou os seus ensaios a Aula de Teatro Avelaíñas, que todos os martes xunta a perto de 40 rapaces e rapazas que neste curso están dirixidos polo actor e monologuista Fran Campos.


CONVOCATORIA DE ASEMBLEA ESTRAORDINARIA DA ANPA DO LOSADA

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA EXTRAORDINARIA DA ANPA DO IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ

DÍA: Xoves 4 de novembro de 2021
Hora: 20:30 horas
Lugar: Salón de Actos do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
ORDE DO DÍA
1. Informe de situación da Asociación.
2. Informe económico e aprobación de contas.
3. Elección de nova Presidencia e nova Xunta Directiva.
P4. reguntas e suxestións.

A Asemblea está aberta a todos os pais e nais do alumnado do IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ (ESO, BACHARELATO, CICLOS FP) independentemente de que estean ou non asociados á ANPA.
A Xunta Directiva estará formada, conforme aos Estatutos, por 9 cargos (presidencia, vicepresidencia, secretaría, tesourería e 5 vogais). Para pertencer á Xunta Directiva si que é preciso ser socio/a da ANPA . Quen non se aociase este curso aínda, pode descargar a solicitude na web do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez ou clicando no seguinte enlace SOLICITUDE DE INSCRICIÓN e pagando a cota e comunicarllo á ANPA no correo anpaantonlosada@gmail.com

PRESENTACIÓN E INICIO DE CLASES DAS ENSINANZAS DE PERSOAS ADULTAS NO LOSADA

RECEPCIÓN E PRESENTACIÓN DA ESA E DO BACHARELATO DE ADULTOS.

O acto de presentación terá lugar o xoves 23 de setembro ás 19:30 horas.

INICIO DE CLASES DE ENSINANZAS DE PERSOAS ADULTAS.

As clases da ESA presencial e semipresencial comezarán o venres 24 de setembro no seu horario habitual.

As clases de BACHARELATO SEMIPRESENCIAL comezarán o luns 27 de setembro no seu horario habitual.

Horario persoas adultas:

COMEZO DE CURSO 2021-2022. ASÍ SERÁN OS DÍAS DE INICIO.

HORARIO DE PRESENTACIÓN E INICIO DAS CLASES DO CURSO 2021-2022

 O alumnado correspondente agardará no patio dianteiro do centro, no exterior do edificio, para entrar no mesmo cando sexa convocado. Será recibido polo Equipo Directivo e os titores e titoras correspondentes.

Unha vez feita a presentación, o alumnado continuará no centro no horario e aula que lle corresponda, ata o final da xornada lectiva.

Descarga o horario en PDF AQUÍ

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO E OUTRAS INFORMACIÓNS.

Xa está publicado o calendario de exames da CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO.

Pode consultarse AQUÍ

As notas serán enviadas a través de ABALAR MÓBIL o venres 3 de setembro ás 14:00 horas

A matrícula realizarase o luns día 6 de 09:00 a 14:00.

O período de reclamacións comezará o luns 6 de setembro ás 09:00 e rematará o martes 7 de setembro ás 14:00.

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2021-2022

Xa está publicada a listaxe de libros de texto para o curso 2021-2022.

Podes consultala

AQUÍ

A REVISTA DO LOSADA

Desde mediados do mes de xuño xa contamos cun novo número de ELOGHO?, a revista promovida polo EDLG do Losada.

Aquí podes vela e descargala a toda cor:

 

Revista ELOGHO? 2021 by elogolosada

MATRÍCULA CURSO 2021-2022

Prazo de matrícula para a ESO e BACHARELATO (curso 2021-2022)

INICIO: martes 29 de xuño

REMATE: venres 9 de xullo

Non é necesario solicitar cita previa.

Horario: de 9 a 13 horas