PRAZO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

Dirixido a alumnado doutros centros que estea interesado en facer os seus estudos para o curso que ven no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez (cursos 2º, 3º, 4º ESO e 1º e 2º BACHARELATO). 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Do 1 ao 20 de marzo ambos incluídos.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Solicitude cuberta e asinada dispoñible no centro, na aplicación admisión alumnado ou na sede electrónica da Xunta de Galicia. 

Copia do DNI ou NIE do/a alumno/a.

Copia do libro de familia ou documento acreditativo dos membros da unidade familiar.

 

CALENDARIO DE PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE ADMITIDOS E PRAZOS DE RECLAMACIÓN

Publicación da listaxe provisional:  25 abril.

Prazo de reclamacións: 5 dias hábiles posteriores a da de publicación da listaxe.

Publicación da listaxe definitiva de admitidos: 15 de maio.

 

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA ORDINARIA

 

Do 23 de xuño ao 7 de xullo.

Pub

P

O LOSADA RECIBE O PREMIO DO PADROADO DA FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA

O IES Pl. Antón Losada Diéguez recibiu o XI premio do Padroado da Fundación Down Compostela xunto con Ofelia Vieites García e El Corte Inglés de Santiago de Compostela.
O centro quere expresar a súa ledicia e tamén o agradecemento a Down Compostela por este recoñecemento que ven poñer en valor o esforzo do centro e os seus equipos docentes por acadar un ensino diverso e integrador, sempre na procura de metodoloxías que posibiliten estas realidades.

A xustificación de dito Padroado foi a seguinte:
Premio Down Compostela 2024 ao IES Antón Losada Diéguez
No IES Antón Losada saben como poñer o foco no contexto educativo e non nas dificultades da persoa, como puideron comprobar Sara Romero, no seu momento, e agora Fabián de Paz, nas aulas de formación profesional.
Este centro da Estrada favorece que o alumnado con necesidades educativas desenvolva as súas capacidades e habilidades ao máximo para conseguir unha calidade de vida digna. O equipo docente sabe que é necesario instaurar novas metodoloxías educativas e cambiar estruturas para fomentar unha inclusión real.
Entender que detrás do alumnado con síndrome de Down ou discapacidade intelectual hai soños, ilusións e capacidades é o primeiro paso para que o sistema educativo sexa realmente accesible e inclusivo.
No IES Antón Losada as persoas con discapacidade contan.
Na páxina da Fundación pode consultar máis información sobre este tema.

CONVOCATORIA AXUDASLE PARA ALUMNADO DE BACHARELATO

Axudas dirixidas ao alumnado para a realización de actividade de formación en linguas estranxeiras (ano 2024)

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades acaba de publicar a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras, dirixida ao alumnado de 1º ou 2º de bacharelato. O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende o 13 de febreiro ata o 12 de marzo (incluído). Para ampliar información podese consultar un “Cartel informativo” sobre as axudas, a convocatoria publicada no DOG e a aplicación para realizar a solicitude.

ENTROIDO 2024 NO LOSADA

Un ano máis o Losada celebrou o agardado entroido. Neste curso o alumnado de 4º ESO A realizou un completo programa de actividades para todos os días da semana. Día do complemento, día do vermello, día do pixama, día de gala e o concurso e festa final de entroido o venres 9 de febreiro.

Esta programación provocou unha moi participativa resposta da comunidade educativa, que culminou o venres cun concorrido concurso de disfraces e unha animadísima festa. 

 

A organización do alumnado de 4º merece cualificarse como excelente así como a resposta e compromiso do resto do alumnado. Abaixo podes ver e descargar as mellores fotos do evento, realizadas por Noel Ramos Caramés.

ENTROIDO 24 NO LOSADA

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS TÍTULOS DE SECUNDARIA E BACHARELATO

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA PARA MAIORES DE 18 ANOS.

Prazo de presentación de solicitudes: do 5 ao 21 de febreiro (convocatoria de abril) e do 8 ao 19 de abril do 2024 (convocatoria de xuño)

 

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA PERSOAS MAIORES DE 20 ANOS.

Prazo de presentación de solicitudes: do 15 ao 28 de febreiro

Toda a información AQUÍ

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

Xa está publicada a convocatoria das PROBAS DE ACCESO CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR correspondentes á convocatoria 2024. Aquí queda o calendario das mesmas. Podes Consultar máis información AQUÍ

Podes descargar un documento con información xeral sobre a inscrición, estrutura, características, etc. AQUí

 

Descargar calendario PDF

INSCRICIÓN NA ANPA DO IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ

A ANPA doIES ANTÓN PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ recorda a todo o alumnado e as familias a importancia de asociarse á mesma. 

Poddescargarse a solicitude de inscrición AQUÍ.

Correo electrónico: anpaantonlosada@gmail.com

ESCOLA DE FAMILIAS DO LOSADA. CURSO 2023-2024

d

 

O IES Pl. Antón Losada Diéguez retoma as actividades da Escola de Familias

 

Por segundo curso consecutivo, o Losada pon en marcha esta iniciativa que  naceu co obxectivo decrear un espazo  e un tempo de formación conxunta entre as familias e a escola, no que poidamos aprender xuntos, identificar os puntos fortes e débiles das nosas actuacións como educadoras e educadores, e acompañar o desenvolvemento o noso alumno (e dos nosos fillos e fillas) do xeito máis óptimo posible. 

Despois do encontro mantido coas familias no primeiro trimestre deste curso, do que xurdiron ideas e propostas, poñemos en marcha a programación deste ano.

A primeira actividade será:

Redes sociais e saúde mental na adolescencia.
Iria Veiga Ramos – Psiquiatra
Data: xoves 25 de xaneiro de 2024
Hora: 19.30
Lugar: Biblioteca do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

A actividade están convidadas as familias da comunidade educativa do Losada, así como as familias do alumnado de 6º curso do CEIP Figueiroa, centro adscrito ao Losada. O convite faise estensivo ao profesorado tamén.
Na iniciativa, contamos coa colaboración da ANPA do noso centro.

Iria Veiga (Ferrol, 1981). Médica psiquiatra e divulgadora científica. Exerce a psiquiatría no Hospital Psiquiátrico de Conxo e colabora cunha columna de opinión na que falo sobre ciencia en Nós Diario. Participou en diversas iniciativas relacionadas coa lingua e a divulgación científica, como Escépticos no Pub, Pint of Science, Naukas Coruña, Concienciadas, LGx15, O galego a miña lingua propia e a canle de Twitch Balea Vermella, xunto a Javier Balea, na que realizamos entrevistas e conversas sobre ciencia. Tamén realiza actividades de divulgación sobre saúde mental en centros de ensino.

PODES VER AS FOTOS DA ACTIVIDADE AQUÍ

CELÉBRASE O DÍA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO NO LOSADA

NO LOSADA NON MIRAMOS PARA OUTRO LADO

Este sábado celébrase o Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres. Para este venres, día 24, o IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez proxectou unha serie de actividades, que teñen como fin visibilizar esta problemática entre a comunidade educativa e tratar de incidir o máis posible na reflexión e concienciación sobre a violencia machista e as súas consecuencias.

Para isto deseñouse a seguinte programación:

1. Concentración da comunidade educativa no patio posterior do centro na que o alumnado de 1º e 2º ESO mostrará os lemas elaborados arredor do día pola eliminación da violencia contra as mulleres. Lectura de manifesto elaborado por alumnado de 1º Bac.
Horario: 12:25 horas.
2. Photocall contra a violencia e pola igualdade na entrada do edificio, nos diferentes recreos. O alumnado de 3º ESO preparou a actividade realizando unha serie de cartóns con mensaxes alusivas ao tema que toda a comunidade poderá utilizar para retratarse.
3. Intervención artística realizada polo alumnado de 1º de ESO consistente en deseños tridimensionais alusivos á mirada sobre a violencia de xénero. Na entrada do centro.
4. Distribución de marcapáxinas conmemorativos entre toda a comunidade.
5. Mesa violeta na Biblioteca do centro, con publicacións arredor da igualdade preparada polo equipo de biblioteca do Losada.
6. O alumnado e profesorado está convidado a traer posta algunha prenda de roupa de cor violeta.

O LOSADA CELEBROU O SAMAÍN 2023

Este ano a Biblioteca do Losada e o EDLG celebraron a festa dos defuntos. Foi un Samaín con moito medo. Podes consultar as actividades realizadas en:

BLOG DA BIBLIOTECA

BLOG DO EDLG

Tal como prometemos, aquí podes descargar as fotos do PHOTOCALL DO TERROR