DATAS INICIO DO CURSO 2020-21

SEGUINDO AS INDICACIÓNS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, ACHEGAMOS AS DATAS DE INICIO DO CURSO E OS CURSOS CORRESPONDENTES:

 

Mércores, 23 de setembro

1º ESO

2º ESO

Xoves, 24 de setembro

3º ESO

4º ESO

1º BACHARELATO

2º BACHARELATO

Venres, 25 de setembro

FP BÁSICA

CICLOS FORMATIVOS MEDIOS E SUPERIORES FP(*)

 

EN PRÓXIMAS DATAS PUBLICAREMOS O HORARIO DE ENTRADA PARA CADA UN DESTES GRUPOS E TAMÉN AS DATAS E HORARIOS DAS ENSINANZAS DE PERSOAS ADULTAS

(*) AVISO IMPORTANTE: OS CICLOS MEDIOS E BÁSICOS DE AUTOMOCIÓN E MADEIRA  NON INICIARÁN AS CLASES ATA QUE AO CENTRO LLE SEXA UN CONCEDIDO UN ESPAZO AXEITADO PARA O DESEENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE DOCENTE.

Acordo unánime do Consello escolar celebrado o pasado luns 14 de setembro:

O Consello Escolar do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, representando aos diferentes sectores que forman a Comunidade Educativa do centro, diante da situación xerada pola imposibilidade para acoller axeitadamente nos espazos dos que dispón o centro a nove grupos de FP, da que é coñecedora a Administración Educativa  desde hai máis dun ano no caso das ensinanzas de Madeira e desde o mes de xuño no caso das de Automoción, e que se viu agravada polas esixencias (distanciamento, ventilación, etc.) impostas polo protocolo COVID, 

DECLARA

A Formación Profesional que oferta o noso centro pretende ser un catalizador para o desenvolvemento económico e social da nosa comarca, mellorando a empregabilidade e as perspectivas profesionais do noso alumnado. Para que isto sexa posible é imprescindible dignificar e poñer en valor estas ensinanzas diante da sociedade e dos sectores produtivos. Nese sentido consideramos irrenunciable que o noso alumnado de Formación Profesional sexa escolarizado en condicións dignas, en espazos acondicionados e seguros, tal como sucede co resto do alumnado de ESO e Bacharelato do centro.

 En base ao anteriormente exposto, este Consello Escolar entende, de xeito unánime, que os nove grupos afectados por esta situación non deberán iniciar o curso ata que se faciliten eses espazos que reclamamos, dignos e axeitados para un uso educativo.

PRAZOS DE MATRÍCULA. SETEMBRO. CURSO 2020-21

Atención aos prazos de matrícula de setembro para o curso 2020-21:

ESO E BACHARELATO DIURNO:

A matrícula remata o martes 8 de setembro ás 13:00.

FP BÁSICA:

A preinscrición remata o 11 de setembro ás 13:00.

Matrícula, do 14 ao 21 de setembro.

CICLOS FORMATIVOS:

A preinscrición remata o 9 de setembro ás 13:00.

Matrícula, do 18 ao 22 de setembro.

 

ESA PRESENCIAL:

Matrícula, do 1 ao 12 de setembro ás 13:00.

 

NORMAS DE SEGURIDADE PARA A CELEBRACIÓN DOS EXAMES DE SETEMBRO. CURSO 19-20

No enlace que segue podes ler e descargar as normas de seguridade establecidas para os exames de setembro por causa da Covid 19.

NORMAS DE SEGURIDADE PARA O ALUMNADO PARA A CONVOCATORIA DOS EXAMES DE SENTEMBRO

 

PROBAS DE NIVEL NA EOI DA ESTRADA

Queres estudar na EOI da Estrada, pero non sabes o teu nivel? Apúntate ás probas de clasificación. Máis información nesta ligazón:

PROBAS DE NIVEL EOI

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO. CURSO 2019-2020

Xa está publicado o calendario de exames de setembro do curso 2019-20. Pode consultarse e descargarse nesta ligazón:

 

EXAMES SETEMBRO 2019-20

(ACTUALIZADO XOVES 27 DE AGOSTO)

 

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2020-21

Xa podes consultar os libros de texto correspondentes ao curso 2020-2021.

Podes consultar a listaxe ou descargala na seguinte ligazón:

LIBROS DE TEXTO 2020-21

 

MELLORES EXPEDIENTES NO LOSADA

Telmo Leira Loureiro e Celia Astorga Herraiz que remataron con brillantez o bacharelato neste curso foron escollidos pola Universidade de Santiago como “Mellor alumnado de bacharelato dos centros de ensino de Galicia”

A Universidade de Santiago, dentro do seu programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”  (http://www.usc.gal/aponte) organiza un Acto de recoñecemento ao mellor alumnado de bacharelato de Centros de Ensino de Galicia. Aqueles estudades, que acadan unha nota de acceso á Universidade de 9, unha vez realizada a ABAU, son convidados por esta institución a un acto de recoñecemento dos mellores expedientes.

Nesta ocasión, as circunstancias non permiten que sexa un acto multitudinario presencial pero iso non vai impedir que se realice un acto conxunto, que terá lugar o xoves, día 23 de xullo, ás 17:00 horas no Salón Nobre de Fonseca da USC.

O acto estará presidido polo reitor da USC e contará coa presenza do alcalde de Santiago e da alcaldesa de Lugo, acompañados por unha representación do Equipo Reitoral e dos Decanos e Directores. Tamén estarán presentes un grupo de 20 estudantes acompañados dos seus pais e será retransmitido en streaming a través da canle Youtube da USC.

(https://www.youtube.com/user/UniversidadeUSC/live)

O resto do alumnado recoñecido, entre os que están Telmo e Celia, será felicitado nominalmente acompañado cunha proxección das fotografías de cada un deles en dito acto.

Parabéns para os dous e para todo o alumnado do Losada que superou as probas ABAU nesta convocatoria.

Acto de despedida do alumnado de 2º Bacharelato. Promoción 2020

Hoxe, 14 de xullo, tivo lugar o acto de despedida do alumnado de 2º de Bacherelato. Nunhas condicións moi especiais, debido ás normas de distanciamento social e coa ausencia das súas familias, os rapaces e rapazas e o profesorado xuntáronse no centro para compartir a despedida e moitas emocións.

Aí queda un resume coas mellores imaxes do evento:

 Despedida do alumnado de 2ª de Bacharelato 2020. IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

A continuación podes ver o vídeo que recolle os mellores momentos da historia desta promoción no Losada:

OBRAS NO IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ

Información na prensa sobre as obras nos talleres de automoción do Losada:

A noticia en La voz de Galicia NESTE ENLACE

A noticia no Faro de Vigo NESTE ENLACE

INSCRICIÓN NA ANPA DO IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ

A ANPA doIES ANTÓN PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ recorda a todo o alumnado e as familias a importancia de asociarse á mesma. 

Poddescargarse a solicitude de inscrición AQUÍ.

Correo electrónico: anpaantonlosada@gmail.com