DATAS INICIO DO CURSO 2020-21

SEGUINDO AS INDICACIÓNS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, ACHEGAMOS AS DATAS DE INICIO DO CURSO E OS CURSOS CORRESPONDENTES:

 

Mércores, 23 de setembro

1º ESO

2º ESO

Xoves, 24 de setembro

3º ESO

4º ESO

1º BACHARELATO

2º BACHARELATO

Venres, 25 de setembro

FP BÁSICA

CICLOS FORMATIVOS MEDIOS E SUPERIORES FP(*)

 

EN PRÓXIMAS DATAS PUBLICAREMOS O HORARIO DE ENTRADA PARA CADA UN DESTES GRUPOS E TAMÉN AS DATAS E HORARIOS DAS ENSINANZAS DE PERSOAS ADULTAS

(*) AVISO IMPORTANTE: OS CICLOS MEDIOS E BÁSICOS DE AUTOMOCIÓN E MADEIRA  NON INICIARÁN AS CLASES ATA QUE AO CENTRO LLE SEXA UN CONCEDIDO UN ESPAZO AXEITADO PARA O DESEENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE DOCENTE.

Acordo unánime do Consello escolar celebrado o pasado luns 14 de setembro:

O Consello Escolar do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, representando aos diferentes sectores que forman a Comunidade Educativa do centro, diante da situación xerada pola imposibilidade para acoller axeitadamente nos espazos dos que dispón o centro a nove grupos de FP, da que é coñecedora a Administración Educativa  desde hai máis dun ano no caso das ensinanzas de Madeira e desde o mes de xuño no caso das de Automoción, e que se viu agravada polas esixencias (distanciamento, ventilación, etc.) impostas polo protocolo COVID, 

DECLARA

A Formación Profesional que oferta o noso centro pretende ser un catalizador para o desenvolvemento económico e social da nosa comarca, mellorando a empregabilidade e as perspectivas profesionais do noso alumnado. Para que isto sexa posible é imprescindible dignificar e poñer en valor estas ensinanzas diante da sociedade e dos sectores produtivos. Nese sentido consideramos irrenunciable que o noso alumnado de Formación Profesional sexa escolarizado en condicións dignas, en espazos acondicionados e seguros, tal como sucede co resto do alumnado de ESO e Bacharelato do centro.

 En base ao anteriormente exposto, este Consello Escolar entende, de xeito unánime, que os nove grupos afectados por esta situación non deberán iniciar o curso ata que se faciliten eses espazos que reclamamos, dignos e axeitados para un uso educativo.