ÚLTIMAS ACTIVIDADES DO 2020

A pesar das dificultades que este ano tan complicado temos para a organización de actividades, o primeiro trimestre rematou cun bo número e nivel de iniciativas dos diferentes departamentos. Aí vai un resume das mesmas neste derradeiro día do 2020.

CONCURSO DE CARICATURAS REVISANDO A LOSADA DIÉGUEZ

Organizado polo Departamento de Plástica, e dirixido ao alumnado de 3º ESO. Trátabase de facer unha versión libre da famosa caricatura de Losada Diéguez, realizada por Castelao. O alumnado da profe Patricia fixo unhas magníficas e variadas interpretacións plásticas desta obra. Os traballos gañadores de cada grupo foron escollidos polo alumnado de Plástica de 1º de Bacharelato.

Aí quedan os grupos diante dos seus traballos:

VISITA VIRTUAL Á EXPOSICIÓN GALICIA, DE NÓS A NÓS

Dentro da programación do Dto. de Galego, do EDLG e da Biblioteca, o alumnado de 2º Bacharelato do Losada tivo a ocasión de facer unha visita virtual, ao non ser posible facelo de xeito presencial na Cidade da Cultura de Galicia, á mostra Galicia, de Nós a nós. Un magnífico percorrido por un dos momentos máis importantes da historia social e cultural do noso país no século XX.

A actividade tivo lugar o xoves, 10 de decembro ás 10.00, para un grupo de alumnos/as, e venres 18 de decembro, ás 12.30 h, para o outro grupo.

 VIDEOCONFERENCIA COA CIENTIFICA GALEGA SONIA VILLAPOL

Os departamentos de Lingua Castelá e Matemáticas prepararon unha videoconferencia destinada ao alumnado de 1º ESO. A correspondente foi a prestixiosa neurocientífica galega, Sonia Villapol, que desenvolve o seu traballo en Houston, e que respondeu magnificamente as moitas cuestións que o alumnado lle propuxo arredor do tema da charla, sobre a prevención ante situacións de pandemia, e outros temas. A científica estivo acompañada pola súa filla Xeila.

Un dez para o alumnado participante e para os profes titores Rafa e Afonso que programaron a actividade.