O ALUMNADO DO LOSADA PARTICIPA NO PROXECTO "VIGILANTES DEL AIRE"

 

O IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez repartiu entre o seus alumnos e alumnas cen plantas de fresa para ser cultivadas por eles, nos seus domicilios, dentro do proxecto “Vigilantes del Aire” da fundación IBERCIVIS de Zaragoza, coa que colabora o Instituto Pireanico de Ecoloxía (IPE-CSIC) e a Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía (FCYT-Ministerio de Ciencia e Innovación). Foi o alumnado de 2º de Bacharelato o encargado de facer chegar as macetas aos seus compañeiros máis novos. A actividade está promovida polo Departamento de Ciencias Naturais do Losada.

As plantas van ser utilizadas para (bio)monitorizar a contaminación ambiental, xa que acumulan nas súas follas as partículas presentes no aire. A concentración dos contaminantes está relacionada co volume de tráfico, sendo os gases dos tubos de escape, o desgaste dos freos e a corrosión do motor as fontes de emisión principais. Dentro de dous meses aproximadamente, cada alumno enviará mostras das follas da súa planta, previamente localizada xeograficamente,  para ser analizadas con métodos magnéticos. Os datos obtidos serán comunicados a cada “coidador” e sumaranse aos recollidos noutros dezasete puntos de España para elaborar mapas de contaminación. Con este proxecto amósase como a cidadanía pode contribuír activamente ao coñecemento científico sen necesidade, coma neste caso, de complicados dispositivos electrónicos ou coñecementos previos aínda que si coa responsabilidade e o compromiso de cumprir os requirimentos demandados.

Páxina web do proxecto