Skip to Content

BOLSAS EUROLINGUAS

O Ministerio de Educación vén de publicar a convocatoria das "Becas Eurolingua" para este verán 2024.

Estes cursos, que están subvencionados ao 100%, constan de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído, dirixido a estudantes de Secundaria, Ciclos e Universidade.

Poden consultar toda a información da convocatoria no seguinte enlace https://www.becaseurolingua.com/

O programa inclúe: 20 clases de inglés semanais, material didáctico, aloxamento en familias seleccionadas e residencia, programa de actividades culturais, visitas e excursións, certificado de aproveitamento do curso expedido polo colexio, teléfono de emerxencia 24 horas. Non incluído, o billete de avión.

Os requisitos para solicitar a bolsa son: Idade mínima 14 anos. Media académica de polo menos 6 puntos. Estar matriculado en ESO, Bacharelato, Ciclos ou Universidade. Ser membro dun país da UE.

O prazo de solicitude para estas bolsas finaliza o 21 de abril

BOLSAS EUROLINGUAS


image | by Dr. Radut