Skip to Content

TALLER FINANCEIRO

Brenda, antiga exalumna do centro e actualmente empregada de ABANCA, visitou o seu antigo instituto para levar adiante un taller sobre finanzas e desenvolvemento sostible co alumnado de 4º ESO. Previamente, participaron activamente ao planificar unha excursión sustentable cun orzamento bastante axustado, contemplando aspectos como o transporte, o aloxamento ou as actividades que poderían desenvolver. 

Con esta actividade contribuíuse a concienciar sobre a importancia de pór en valor os produtos locais, o consumo responsable e a redución da pegada ecolóxica.

Un pracer poder levar a cabo tales actividades cunha alumna formada no Leliadoura.

TALLER FINANCEIRO


image | by Dr. Radut