Skip to Content

ROSALÍA NO LUSTRES RIVAS

O pasado venres, o alumnado de 1º Bacharelado visitou o Centro Lustres Rivas de Ribeira para contemplar a exposición de gravados dedicados a Rosalía De Castro. Varios artistas da zona expoñen 25 gravados que gardan relación coa nosa autora máis universal, conmemorando así tamén a data do seu nacemento. Os gravados están inspirados, sobre todo, na temática dos poemas de Follas Novas.


Foi Alicia Padín, a responsable do Servizo de Normalización do Concello, a encargada de achegar estas obras ao alumnado. Autores como Antonio Navarro, Ester Benzalá ou Carme Alonso, destacando o artista local Manuel Ayaso, de recoñecido prestixio, foron algúns dos que, a través do gravado nos conectaron co sentir de Rosalía.

Coma sempre, grazas ao concello por convidarnos a gozar desta mostra.

 

 

 

 

ROSALÍA NO LUSTRES RIVAS


image | by Dr. Radut