Skip to Content

LISÍSTRATA INTERPRETADA POLO PROFESORADO

"Lisístrata" de Fillas de Cassandra. Foi esta a canción escollida polo profesorado para celebrar con vós o entroido. Cunha clara mensaxe de paz, e ao mesmo tempo feminista, bailaron coas súas vasoiras para transmitirvos valores, afouteza e determinación na vosa achega á sociedade. Grazas por eses ensaios esgazados entre torneos de baloncesto, gardas e exames nos tempos de lecer. Grazas polo entusiasmo e a determinación amosadas para ensinarlle ao alumnado como, con só un chisquiño de interese e ganas, podemos sacar un produto entretido e fermoso co que agradar ás e aos demais.

Clicade na imaxe e poderedes ver a gravación completa da actuación.

 

LISÍSTRATA INTERPRETADA POLO PROFESORADO


image | by Dr. Radut