O pasado venres, alumnado de 4º ESO fóisenos cara a Ourense para asistir á actividade "Voando cos números". Foi tan intenso o día que incluso RTVE acabou facéndolles unha entrevista despois de que participaran nunha simulación. Nela, parecían estar nunha academia de voo que recibía unha chamada da axencia galega de emerxencias e tiñan que saír a facer un voo para dar conta das catástrofes. Despois de realizar o plan de voo (calcular distancias, o rumbo, o tempo...) foron aos simuladores.
Paralelamente deseñaron dispositivos con bólas para amortecer a caída dun vaso dende catro metros. Por grupos realizaron paracaídas con globos, bolsas... e finalmente probaron se realmente funcionaban.
O día rematou cun paseo pola ponte romana de Ourense, pola ponte do milenio e as Burgas.
Se queredes ver todas as fotografías, clicade na imaxe.
![SAÍDA A OURENSE SAÍDA A OURENSE](https://www.edu.xunta.gal/centros/iesleliadoura/system/files/images/PHOTO-2024-01-26-18-14-07%202.preview.jpg)