Skip to Content

FAUNA INVASORA, CHARLANDO CON 1º ESO

Para rematar o ano, 1º ESO asistiu a unha charla onde lles explicaron a biodiversidade existente na Ría de Arousa con imaxes reais de inmersións realizadas polo propio relator. Escoitaron tamén sobre as dúas problemáticas ás que se enfronta esa diversidade: por un lado, a falta de aire do nordés que impide a achega de nutrientes e por outro, a presenza de especies invasoras procedentes principalmente do mar Mediterráneo. 

Finalmente insistiu no remate na importancia de coidar os nosos mares e océanos para conservar esa riqueza de especies. 

En fin, os pequechos levaron ideas para reflexionar no Nadal.    

                                                                                             

FAUNA INVASORA, CHARLANDO CON 1º ESO


image | by Dr. Radut