Skip to Content

DÍA NA COSTA DA MORTE

Recordades o proxecto SOS MAR no que o Equipo da Biblioteca anda metido todo o que vai de trimestre?? Pois este xoves outra actividade máis, neste caso unha saída á Costa da Morte, vén de completar os traballos realizados durante este tempo (recordade: recollida de lixo na praia de Basoñas, elaboración de máscaras de entroido co material recollido e visita e traballo coa obra de Miguel Anxo Prado).

A onde foron durante todo o día os e as alumnas de 3º ESO + quen escolleu Plastica en 4º ESO + quen decidiu formar parte do club de lectura??? Pois comezaron por Camelle (alí estiveron na sede de Mar de Fábula, no Museo de Man e no peirao); logo, visitaron o cabo Vilán onde case voan co vento que ía e remataron no dolmen de Dombate

Como vedes, a saída estivo moi aproveitadiña, así que se queredes ver os lugares polos que pasaron, non tedes máis que clicar na imaxe.

 

 

 

DÍA NA COSTA DA MORTE


image | by Dr. Radut