Skip to Content

ADEUS A ZEINEBOU HENDAH

A comunidade educativa do Leliadoura quere manifestar a súa desolación e tristura polo pasamento da alumna e compañeira Zeinebou Hendah.

Demasiado nova como para que a túa familia teña que prescindir xa de ti, mais o recordo da túa dozura e fortaleza sempre permanecerá polos corredores deste centro.

Que un novo amencer alborexe para ti agora.

 

"Era un airiño soave

que se ergueu pola mañán

e viña de non se sabe.

Era un recendo de rosas

da roseira de ningures

que se meteu pola porta"

 

                                                                       Roseira do teu mencer. Xosé María Álvarez Blázquez.

 

 



page | by Dr. Radut