Skip to Content

CHARLA SOBRE COMUNICACION. PROGRAMA EDUEMPRENDE ACTÚA, DA XUNTA DE GALICIA.

Manter unha conversación efectiva é fundamental en todo tipo de relacións humanas, e por tanto tamén nas empresariais.

O pasado día 15, dun xeito ameno e divertido, os nosos alumnos de AF2 e XA2, aprenderon que non é o mesmo falar que comunicar, e que isto último non sempre é tarefa fácil. Tanto se buscamos unha oportunidade no mercado laboral como no empresarial, involucrar ao público, conectar con el, conseguir o noso obxectivo nunha conversa dependerá, en gran medida, da nosa capacidade de comunicación, polo que debemos coidar non só a comunicación verbal senón tamén a corporal.

Grazas á Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades pola sesión; a  Verónica Rodríguez por compartir os seus coñecementos e consellos e ás alumnas e alumnos pola súa asistencia e interese.

 

 

CHARLA SOBRE COMUNICACION. PROGRAMA EDUEMPRENDE ACTÚA,  DA XUNTA DE GALICIA.


image | by Dr. Radut