Skip to Content

MASTERCLASS DE FÍSICA

E alá foron Ana e Icía o venres a Compostela para asistir a unha masterclass de partículas impartida polo IGFAE (Instituto Galego de Altas Enerxías) da USC. 

A sesión, coordinada por futuras doutoras en Física da USC, contou coas charlas dalgunhas físicas que traballan ao máis alto nivel.

As nosas alumnas aprenderon sobre o modelo estándar, sobre as partículas e as interaccións que a conforman e sobre as principais incógnitas por resolver ás que hoxe en día se enfronta a Física. 

Non se esqueceron de promover a reflexión sobre o papel da muller na ciencia e en partícular na Física, así como o rol da muller no contexto da estrutura familiar tradicional e sobre o difícil que é conciliar no ámbito da investigación. 

Finalmente, en conexión co Cern e con Sal Paulo vía conferencia, discutíronse os resultados dos eventos analizados polas alumnas, descubrindo no seu traballo evidencias da existencia dos bosóns Z, W e H entre outros, así como datos interesantes sobre a simetría leptónica e a estrutura interna dos protóns.

En fin, un día intenso e interesante que nos fai pensar que as rapazas han volver ao IGFAE nalgunha outra ocasión.

 

 

MASTERCLASS DE FÍSICA


image | by Dr. Radut