Skip to Content

AÍ VÉN O ENTROIDO

Non queda case nada e xa estamos en época de entroido, momento de aparentar o que non somos, momento de crear como dicía Risco "certo aspecto de mundo ao revés". No Leliadoura xa Belén se puxo a darlle ao centro un aire diferente, un aire de festa e trangallada que nos alegra co seu colorido ao entrar. 

E agora tócavos a vós, rapazas e rapaces, a traballar arreo para poder optar aos premios do concurso de disfraces do vindeiro venres, 17 de decembro. Seguide as instrucións dos vosos titores e titoras e non esquezades o tema deste ano: "Películas e series". Curiosidade é o que temos para ver o que andades argallando.

AÍ VÉN O ENTROIDO


image | by Dr. Radut