Skip to Content

20 ANOS DO AFUNDIMENTO DO PRESTIGE

Hoxe cúmprense 20 anos do afundimento do Prestige, a maior catástrofe ecolóxica ocorrida na nosa terra e no noso país. Dende o 11 de novembro daquel fatídico 2002, a poboación miraba cara á costa con temor e esperanza de que aquel barco encallado nas rías altas non soltara todo o combustible que levaba no seu interior. Porén, ocorreu o peor; tal día coma hoxe, o Prestige afundía e deixaba saír definitivamente o fuel que levaba dentro.

A partir de aí, produciuse un movemento solidario que axudaría a converter aquela marea negra nunha branca. Esta colaboración cidadá chegou tamén ao Leliadoura e o centro acabouse convertendo nun importante punto de apoio para esa marea branca que axudou na limpeza das nosas praias.

Non dubidedes en pararvos a observar todo o traballo coordinado polo EDL: as maquetas realizadas polo alumnado de Plástica e tamén de Tecnoloxía, as fotografías que visibilizan a catástrofe acontecida e que atoparedes nos corredores e tamén o vídeo que o alumnado de 2º de Bacharelato realizou para a ocasión.

Clicando na última foto, poderedes visionar o vídeo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 CLICADE NA FOTO PARA VER O VÍDEO

 

 

20 ANOS DO AFUNDIMENTO DO PRESTIGE


image | by Dr. Radut