Skip to Content

POEMAS PARA FLORENCIO GURRIARÁN

O alumnado de 3º ESO decidiu emular a Florencio e velaquí tedes as composicións gañadoras cos seus respectivos autor e autoras. Como non podía ser doutro xeito, levaron de agasallo e como compensación candanseu suadoiro.

José Tercero Vidal gañou o suadoiro "Malo Será" co seu texto, "Entre lusco e fusco".

 

 

Entre o lusco e o fusco

Déitase o fermoso sol,

Déixanme estas fermosas cores,

Neste maravilloso solpor,

Cores de lume,

Cores con perfume,

Cores como o ámbar

Que calman a alma

 

José Tercero Vidal

 

Laura Méndez gañou o suadoiro "As sete herbas" co poema, "Longo discorrer de frías augas":

 

 

 

Longo discorrer de frías augas

Viches pasar ao longo dos séculos,

Día tras día durante vidas,

Viches a primavera cos seus pétalos.

 

O verde bosque que che rodea

Escóndeche como un gran tesouro,

Semellas un doce manto de tea,

E o Sol alúmbrache como se foses ouro.

 

                                                           Laura Méndez Martínez

 

E por último, Ana Campaña obtivo o suadoiro "Quérote preto" co seu fermoso texto, "O home da Graña:

 

 

O HOME DA GRAÑA

 

Eu vivo na vila dos ventos

Chea dalgún que outro mito

Atendede, ben atentos

Que eu non volo repito

 

Trata dunha pedra viva

Que vos invito a coñecer

Semella que ten moita vida

E cos anos non a vai perder

 

Presumía dun gran sorriso

Que axiña tornou en enfado

Non quero nin lembrar iso

Trouxéronlle a fábrica para o lado

 

Os que fan tremer a terra

Penades que son os camións

É o pranto da dura pedra

Expresando as emocións

 

 

Ana Campaña Paz

POEMAS PARA FLORENCIO GURRIARÁN


image | by Dr. Radut