Skip to Content

PROXECTOS DE TECNOLOXÍA

E remata o curso e con el van aparecendo os proxectos que o alumnado foi construíndo ao longo do trimestre. Desta vez, é a materia de Tecnoloxía a que nos alegra a vista cada día coa exposición dos seus traballos. 

Por unha banda, os de 2º ESO construíron lámpadas con base de madeira e papel cartón que acenden mediante un circuíto eléctrico. Outra parte dos alumnos e alumnas fixeron un móbil dun paxaro que aparece exposto na árbore da entrada.

Por outro lado, 3º ESO realizou casas con base e estrutura en madeira, mais coa condición de que tiñan que ter aspecto de Nadal; os que quixeron fuxir da decoración, realizaron caixas de luz.

E por último, o alumnado de 4º ESO fixo o seu proxecto de casa ideal, construída en madeira seguindo os planos que previamente delinearan por grupos.

Parabéns polo esforzo e traballo.

 

 

 

 

 

 

 

PROXECTOS DE TECNOLOXÍA


image | by Dr. Radut