Skip to Content

XA TEMOS COLECTOR PARA OS TAPÓNS

E xa temos un colector especial para a recollida de tapóns. Estupendo traballo levado a cabo polo noso profesor de Plástica e o alumnado de 2º de Bacharelato para intentar termos un punto de recollida xeitosiño co que axudar na investigación da enferminade de Dent, unha doenza das consideradas "raras" porque a padecen poucas persoas no mundo. Mais resulta que unha desas poucas persoíñas vive na nosa vila e a el precisamente pretendemos axudar coa reciclaxe e recollida de tapóns.

 

Leliadouras e leliadouros, esta semana xa case o temos amediado e acaba aínda de chegar o noso minium, así que vos animamos a seguir así. En breve, queremos velo cheo.

 

XA TEMOS COLECTOR PARA OS TAPÓNS


image | by Dr. Radut