Skip to Content

BRAVAS DE ISABEL RISCO

Fantástica a interpretación que 3º ESO tivo onte a posibilidade de ir ver no auditorio de Ribeira. Isabel Risco comezou alá polo século IV e foi percorrendo a nosa historia na procura de figuras que visibilizaran o papel da muller galega onte, hoxe e mañá. Dende as lavandeiras, ata María Balteira, María Soliña, as loitadoras ferrolás que se amarraron ás vías do tren ou as cigarreiras na Coruña; todas e cada unha delas conforman a trama da nosa historia e grazas a todas podemos hoxe ser mulleres libres e con dereitos.

Hora e media que se fixo curtísima e coa que rematamos rindo a cachón con esa viaxe ao futuro que a actriz e intérprete fixo na súa máquina do tempo.

Grazas ao Sevizo de Normalización do concello e especialmente a Alicia por acordarse sempre de convidarnos a actos tan bos.

 

BRAVAS DE ISABEL RISCO


image | by Dr. Radut