Skip to Content

RELEVO2. MOCIDADE A BORDO

O Leliadoura comeza este mes a formar parte dun proxecto, RELEVO2. MOCIDADE A BORDO, que se vai desenvolver ao longo de todo o curso. O principal obxectivo é poñer en valor todos os tramos do proceso de pesca, marisqueo e acuicultura, promover unha nova cultura medioambiental e entender o turismo como unha actividade máis, pero non a única.

O alumnado de 4º ESO, a quen vai dirixida esta actividade, comezou este mércores coa súa primeira charla e aínda lles quedan outras dúas estre trimestre que pertencen ao bloque de contidos de "Pesca e acuicultura".

No segundo e terceiro trimestre os temas serán os seguintes:

           -Comercialización e transformación.

           -Turismo e deportes náuticos.

 

RELEVO2. MOCIDADE A BORDO


image | by Dr. Radut