Skip to Content

E CHEGOU O SAMAÍN

Xa queda pouco para a noite do 31 de outubro, pero o Leliadoura quixo adiantarse un chisquiño e celebrar a simbiose entre o mundo dos vivos e mundo dos mortos antes de que chegara a data. Queriamos estar preparados para recibir a entrada da "estación escura" coa seguridade de que ningún espírito nos obrigase a permanecer para sempre no alén.

Así foi que a Biblioteca, o EDL e o departamento de Plástica traballaron arreo coa única meta de abordar esta festa facendo cabazas, lendo e escoitando contos de medo, recomendando libros de terror, decorando as portas das aulas con viñetas de Davila e como non, conseguindo o mellor disfrace para a ocasión.

Observade a gran cabaza que o alumnado de 2º de Bacharelato compuxo; comprenderedes que os leliadouros e as leliadouras agora si están protexidos contra calquera tipo de mal que esta noite lles queira traer.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E CHEGOU O SAMAÍN


image | by Dr. Radut