Skip to Content

FESTA FIN DE CURSO

 

Sen pensalo e sen crelo aínda, chegamos á fin deste curso tan anómalo para tod@s. Conseguimos resistir con esforzo e coa vontade de todas e todos. Non foi doado, mais todo o alumnado do IES Leliadoura merece os parabéns porque o comportamento durante estes meses foi exemplar; resististes o uso da máscara durante un número incontable de horas, aguantastes a separación e o cambio na metodoloxía de traballo, aprendestes a non compartir ningún tipo de material, aínda cando as directrices que recibistes durante toda a vosa vida eran contrarias a estas normas, nos recreos non podiades mesturarvos con compañeir@s que estaban noutras áreas que non eran as vosas e aí iades ata a fronteira de cada zona para poder conversar un chisco. Cando o profesorado ía polos corredores indicándovos que non cumpriades a distancia de seguridade, aí estabades vós dando un chimpo para tentar separarvos e, o peor de todo, o frío: demos clase coas ventás abertas en pleno inverno, entraba chuvia, ía frío, voaban os folios e pareciamos esquimós porque non había quen se atrevera a quitar chaquetas e abrigos. E aínda así e con todo isto, atendiades e conseguistes sacar adiante o curso.

Por todo isto e polo voso bo facer, foi que o profesorado e a Dirección do centro quixo agasallarvos con algo especial o último día de curso. Saíu ben, gustounos vervos saltar, cantar, rir e apoiar aos compañeir@s que tiveron a valentía de actuar diante de tod@s.

Carlos Torres axudounos moito, pois pinchou todo aquilo que lle pedimos e que máis vos animou.

Non nos queda máis que desexarvos un máis que merecido descanso e que, para setembro, volvades con folgos novos para enfrontar un novo curso.

Ide clicando nas imaxes e poderedes ver os vídeos que amosan as vosas actuacións.

 

 

 

 

 

 

Bo verán para todas e todos

 

 

 

 

FESTA FIN DE CURSO


image | by Dr. Radut