Skip to Content

LAPBOOKS:CONSTRUÍNDO A APRENDIZAXE COAS NOSAS MANS

Na materia de Cultura Clásica traballamos arreo para fomentar a creatividade do noso alumnado, polo que desta volta apostamos por unha actividade orixinal e divertida: o lapbook dos gladiadores. Descubrimos contidos fascinantes sobre estes combatentes e desbotamos falsos mitos do imaxinario colectivo que durante moito tempo se escargou Hollywood de alimentar e espallar.

Que é un lapbook? Poderiamos definilo como un caderno despregable interactivo ou un libro de pop-ups manipulativo. É unha ferramenta 100% visual con infinidade de deseños e posibilidades de acordo á creatividade e imaxinación d@ creador/a, permitindo, do mesmo xeito, crear situacións de aprendizaxe activa. É ademais unha opción fantástica para aquel alumnado con problemas para memorizar ou de atención.

Entre as múltiples vantaxes educativas que atopamos cando traballamos cun lapbook, podemos citar as seguintes:

1. Fomenta o desenvolvemento da imaxinación e da creatividade.

2. Pódense traballar unha cantidade ilimitada de temas e materias.

3. O alumnado convértese no centro da aparendizaxe.

4. Motiva e favorece as aprendizaxes; o alumnado divírtese mentres realiza algo diferente.

5. Fomenta as aprendizaxes significativas e a autoaprendizaxe.

6. Permite expresar a información de xeito interactivo.

7. É un recurso adaptable a todas as idades e cursos.

8. Desenvolve a organización previa mental e a psicomotricidade.

9. Alto grao de satisfacción. Xera autoestima.

10. Contribúe ás competencias de autonomía, iniciativa persoal e aprender a aprender.

Con todas as vantaxes que nos achega esta ferramenta, non dubidamos en dala a coñecer a toda a comunidade educativa, de aí a idea de facer unha exposición co resultado do noso traballo. Observade as fotos.

 

 

LAPBOOKS:CONSTRUÍNDO A APRENDIZAXE COAS NOSAS MANS


image | by Dr. Radut