Skip to Content

VISITA DE ROSARIO SARMIENTO

VISITA DE ROSARIO SARMIENTO

No día de hoxe, o alumnado de 2º de Bacharelato acudiu á Biblioteca para asistir a unha charla de Rosario Sarmiento. O título da actividade: "Arte da guerra, a guerra na arte. A guerra e o seu relato na arte contemporánea en Galicia" xa nos indica que o principal obxectivo é concienciar ao alumnado e á sociedade contra a violencia a través das obras de arte que tratan esta temática.

Mirade algúns dos cadros que puidemos analizar. A comparativa entre autores como Goya ou Picasso con pintores galegos (Catelao, Luís Seoane, Colmeneiro) foi fantástica.

Grazas por esta magnífico relatorio.

 

 

 



image | by Dr. Radut