Skip to Content

ENTROIDO 2021

ENTROIDO 2021

Difícil, non tan motivador como en anos anteriores, mais conseguimos facer que o Leliadoura acadase aires de entroido. Titores e titoras traballaron co alumnado para que o venres puidesen vir disfrazados das súas casas e facer un desfile individual. Sabemos que quixerades estar no citado desfile para ver aos vos compañei@s, mais a situación non nolo permitiu. Aínda así, puxestes o mellor de vós e aínda pasamos un anaco divertido esperando a ser chamad@s para baixar e logo facer cada actuación de xeito individual. Grazas polo voso entusiasmo a pesar da situación tan complexa que estamos a vivir e grazas por esa mañá tan chea de cor que nos ofecestes. 

Éche ben certo que imos pasar aos libros de historia, por iso a idea do noso mural, un "mar de máscaras", pintadas por todos vós coa axuda das vosas profes de Plástica. Iso si, máscara temos que usar, pero de tiralas ao mar, nada de nada. Nin ao mar, nin a ningún outro lugar que non sexa o colector do lixo, non o esquezades.

Clicade na imaxe e poderedes ver o que non puido ser no venres de entroido, ao resto dos vos@s compañeir@s desfilando.

 



image | by Dr. Radut