Skip to Content

OBRADOIRO ESCRITURA CUNEIFORME

OBRADOIRO ESCRITURA CUNEIFORME

 

Esta semana, o Departamento de Xeografía e Historia, ao abeiro da materia de Cultura Clásica, desenvolveu un obradoiro sobre escritura cuneiforme, cuxas orixes parten de Mesopotamia. É considerado o método de comunicación máis antigo do mundo e, agora, en pleno século XXI coa nosa escritura máis que asentada, decidimos que o alumnado debía coñecer os distintos tipos de escritura, distinguilos e comprender as súas funcións. Para levar a cabo, pois, tal empresa, decidímonos a realizar este obradoiro onde o alumnado recibiu a clase dun xeito distinto ao habitual. Resultou divertido e un experimento exitoso.

 

 

 

 



image | by Dr. Radut