Skip to Content

VISITA DIDÁCTICA EN LIÑA: "GALICIA, DE NÓS A NÓS"

VISITA DIDÁCTICA EN LIÑA: "GALICIA, DE NÓS A NÓS"

Durante o mes de novembro puidemos gozar no noso centro dunhas visitas virtuais moi especiais que organiza a Cidade da Cultura. "Galicia, de Nós a nós" é o nome da exposición que ten como protagonistas ás persoas que formaban parte do Grupo Nós, mais non só, senón que tamén se refire á revista homónima ou nos fai adentrarnos nas características socio-políticas do S. XX. 

Así, a pesar de non poder estar presencialmente en Compostela, o noso alumnado puido revisar contidos e aprender aínda máis destes personaxes que tan ben representan a cultura galega: Daniel Castelao, Antón Losada Diéguez, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco, entre outr@s. Esta exposición virtual tamén serviu para comprender a importancia que tivo naquel entón a nivel normalizador a publicación dunha revista como "Nós", integramente en galego e con múltiples colaboracións externas tamén.

Aínda que a pandemia está a dificultar o desenvolvemento de actividades, alegrámonos de que estean a desenvolverse proxectos que manteñan a cultura e a formación. 



image | by Dr. Radut