Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Este ano a celebración das Letras Galegas será dun xeito especial por mor da crise que estamos vivindo pola situación sanitaria provocada polo coronavirus.

A RAG decidiu pospoñer o acto do Día das Letras Galegas que se celebra o 17 de maio  ao sábado 31 de outubro.

 

Pero ainda que non podamos celebrálo coma todolos anos no centro con diversas actividades durante tdo a Semana das Letras podemos igualmente renderlle tributo a Carballo Calero de maneira dixital a pesares das restricións do Covid-19.

Dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística, en vésperas desta conmemoración; fai públicos a través do Portal da Lingua uns carteis e guías de Ricardo Carballo Calero que foron premiadas no concurso-exposición das Letras Galegas  2020. Preme na imaxen para velos:

Mostras gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas 2020

 

Hai tamén unha web Carvalho Calero 2020, impulsada pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, na que aparecen biografía e obra do autor homenaxeado para que poda estar a disposición de toda a comunidade educativa. Estas  unidades didácticas  están dispoñibles en galego e portugués. Preme na imaxe para velas:

                    Unidades didácticas sobre Carvalho Calero 

 

Malia os cambios no calendario de actividades arredor do Día das letras Galegas, a RAG quere que o 17 de maio sexa igualmente unha celebracón colectiva val.endose das posibilidades do mundo dixital que todos estamos facendo uso nestes momentos de afastamento social.   

                                                                                                                                  

  

Para presentar ao autor de Ferrol, Siro presenta unha colección de vintecatro cariacturas de Carvalho Calero en distintas etapas da súa vida que van den a  súa mocidade ata a vellez e que se poden ver premendo na imaxe:

 

Serie de caricaturas de Carvalho Calero elaboradas por Siro

 

                    

A Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra,  fixo o proxecto As pitas baixo a choiva para nenos e nenas de 3 a 12 anos, que inclúe o relato orixinal en formato conto cedido pola Editorial Embora, pezas musicais e mais a unidade didáctica. Preme na imaxe para ver o proxecto:

 

E xa para rematar hai unha compilación de actividades interactivas "o libro Lim" do Seminario Galán, con biografías, carteis e álbum de fotografías que están que podes ver premendo na imaxe:


O escritor, filólogo e lingüísta Ricardo Carvalho Calero naceu na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega. Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. Faleceu en Santiago de Compostela.

 

Telexornal sobre Carvalho Calero (Día das Letras Galegas 2020) realizado polo Departamento de Lingua e Literatura Galega do CPI dos Dices.

 

 



image | by Dr. Radut