Skip to Content

O labor en silencio

Na aula de usos múltiples temos a disposición de todo o alumnado e profesorado  a exposición “O labor en silencio”

É unha exposición de imaxes cedidas por familias do Concello, coa que se pode facer unha viaxe ao pasado para coñecer a que se adicaban as mulleres a mediados do século XX.

Na maior parte das imaxes vese ás mulleres realizando actividades vinculadas ao mar como recoller argazo, enlatar sardiñas, secar bacallau ou incluso colaborando nas tarefas de varado das dornas. Tamén podemos ver outros  oficios, como  tarefas do campo, da costura, lavado de roupa…

A exposición está formada por una trintena de fotografías que foron  reproducidas nun tamaño considerable e poderase visitar desde o 9 de marzo até ....

En base ao visionado das distintas fotografías o profesorado dos distintos niveis  traballará o papel da muller a mediados do século e a súa contribución á actividade produtiva nos distintos lugares do concello, en moitos casos sin remuneración e recoñecemento,   analizando as distintas actividades e sectores , así como a evolución e   a importancia dunha contribución á mellora económica e social das mulleres invisibilizada en moitos casos.

O labor en silencio


image | by Dr. Radut