Skip to Content

FORMÁNDONOS EN IGUALDADE DE XÉNERO

FORMÁNDONOS EN IGUALDADE DE XÉNERO

Este pasado xoves, 20 de febreiro, desenvolveuse no noso centro a segunda das xornadas formativas en materia de Igualdade en horario de 16.00 a 19.00. Recibimos a Pepe Cabido Pérez e a Sonia Fernández Casal; ambos son docentes do IES Fontexería de Muros, un dos centros de vangarda da igualdade en Galicia e expertos en xénero e igualdade.

Abriu a sesión Pepe Cabido, impartindo a segunda parte da formación que levou por título ”Masculinidades Disidentes”, que foi conclusión da formación que recibimos o 22 de xaneiro; nela puidemos abordar diversas estratexias comunicativas para traballar na aula as novas masculinidades, transmitir a necesidade de recoñecelas, de rachar cos prexuízos existentes e poñer en valor a existencia dun novo concepto de “home”, con masculinidades incluíntes e corresponsables dende todos os puntos de vista.

Posteriormente, Sonia Fernández, abordou a parte de “Empoderamento feminino”, tratando a necesidade da creación de espazos e actividades comúns e especificamente para rapazas para favorecer o empoderamento feminino dende as idades máis temperás. É fundamental a educación enfocada na adquisición de capacidades e habilidades que contribúan a reforzar a autoestima, a confianza en si mesmas e nas súas posibilidades, a súa valía, capacidade de liderado así como as posibilidades de elección con liberdade.

Ambos facilitáronos materiais e recursos para traballar na aula, e recomendáronos bibliografía ao respecto para mellorar a nosa formación en materia de igualdade.

 



image | by Dr. Radut