O Proxy
Un proxy é un programa intermediario que permite controlar e acelerar o acceso a Internet.
Para acceder a Internet no IES Leliadoura as aplicacións deben ter configurado o Servidor Proxy do centro.
Na maioría dos casos isto faise de maneira automática e transparente, máis hai algunhas excepcións, como o navegador Mozilla Firefox.
Para configurar o servidor proxy nestas aplicacións haberá que:
- introducir o seu nome ou dirección IP (proxy01.leliadoura.ga)
- o porto de escoita (3128),
- indicar que se utilice para todos os protocolos
- indicar excepcións: *.olimpia.ga e *.leliadoura.ga
Configuración do proxy no Firefox
Acceder ao menú Opciones > Avanzado > Red > Conexión > Configuración... e configurar alí os datos do servidor proxy tal como se amosa na imaxe:
Control de Acceso a Internet
Podes permitir ou denegar o acceso a Internet nas aulas de informática:
- Acceder á aplicación de Control Acceso Internet
- Se é necesario aceptar o certificado e confirmar unha excepción de seguridade.
- Iniciar sesión co usuario profeleliadoura e o contrasinal correspondente (A********)
- Aparecerá o listado de aulas controladas polo proxy
- Para permitir ou denegar o acceso a Internet nun aula teclear o seu número e pulsar ENTER.