Skip to Content

LELIADOURA SOLIDARIA

Durante o pasado Nadal o IES Leliadoura, baixo o lema "Nadal para tod@s", realizou unha campaña de recollida de xoguetes e turróns, cos que agasallou a diversas ONGs do Concello.

Durante un período de 15 días e coa coordinación titorial, o alumnado participou activamente nesta campaña solidaria, na que se implicou o profesorado, pais e nais e o resto da comunidade educativa.

Familias con necesidades ou risco de exclusión social foron as destinatarias de todo o material recollido, que se distribúeo a través de varias entidades de Ribeira.

 

LELIADOURA SOLIDARIA


image | by Dr. Radut