Skip to Content

A COMPOSTELA NOS DIRIXIMOS

A COMPOSTELA NOS DIRIXIMOS

E como onte, 20 de xaneiro en Ribeira ía un vento de moito coidado, decidimos ir cara a Compostela a ver se alí entrabamos en calor. A verdade é que o norte alí tamén tiraba ben, pero nós case non o sentimos pois a obra que fomos ver, Bicos con lingua do grupo Talía, fíxonos rir a cachón e permitiunos reflexionar un anaco sobre a mensaxe que os distintos sketchs nos tentaban transmitir.

Ao saír, decidimos escorrentar o frío percorrendo as rúas da zona vella ao tempo que realizabamos un roteiro fotográfico que en breve exporemos na aula. Pouco nos levou atopar a torre da Berenguela, a praza das Praterías, o Toural ou a tenda de larpeiradas que, debaixo dos soportais desta mesma praza, amosa todos os seus produtos en lingua galega. "Pecados de Compostela" achegounos un gorentoso final a esta fría mañá do mes de xaneiro.



image | by Dr. Radut