Skip to Content

VISITA AO CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA (AGUIÑO)

O xoves 17 de Outubro un grupo de 2º de Bacharelato coas profes Dolores e Pura, visitou a escola CEIP Heroínas de Sálvora parroquia de Aguiño. Foi unha visita breve en duración de tempo pero intensa en canto a coñecer distintos aspectos do seu Proxecto Educativo (ambientes de aprendizaxe, grupos mixtos,…) Invitouse a reflexionar sobre cuestións como: como aprendemos, as necesidades auténticas de cada etapa educativa, a importancia do material manipulativo, do xogo, a expresión a través das distintas linguaxes…

Comenzamos a visita polos ambientes de aprendizaxe da comunidade dos pequenos e pequenas (de 3 a 6 anos). Os ambientes están preparados para dar resposta ás necesidades macro (por etapa evolutiva) e micro (necesidades persoais de cada neno/a). Cada ambiente ten una identidade (lingüística, científica, artística…) pero están todos preparados de xeito que en todos estean presentes todas as linguaxes.

Na comunidade de pequenos/as os nenos/as estaban nos seus grupos referencias nos faladoiros, tempo que adican como tempo e lugar de encontró diaramente todo o alumnado da escola, onde a linguaxe oral é fundamental, a cohesión de grupo,…

Visitaron o ambiente de Palabras (Identidade lingüística e literaria), Aquelar (Identidade de vida cotiá: comunitaria e doméstica), Natureza (Identidade científica), Construcións (Identidade Lóxica-matemática) e Atelier (Identidade Artística). Todos os ambientes, teñen espazos común conectados coa súa identidade: biblioteca, atelier, punto de auga, habitantes, … Por exemplo no atelier coñecemos a algún dos habitantes como son as Criaturas do Surrealismo, coleccións como os libriños de cine, tocamos a área cinética como exemplo da importancia do coñecemento a través das vías sensoriais…

Na comunidade de medianos/as (de 1º de Primaria a 3º de Primaria) e na comunidade de maiores (de 4º a 6º de Primaria) visitaron algúns ambientes. Por cuestións de tempo non puideron visitar todos. En Sereas (Identidade Musical e Danza) improvisaron unha pequena peza instrumental coa mestra Sonia Lebedinsky. Neste ambiente puideron observar distintos recursos que enchen de música todos os días a escola. Sonia agasallounos cunha canción moi sentida.

Na Editorial (Identidade de medios de comunicación) observamos os espazos preparados para Prensa, Radio e Audiovisuais. Foron invitados a utilizar estes espazos facendo proxecto compartidos entre a escola e o instituto.

En Gaia (Identidade científica) a mestra Mariam explicou os distintos espazos deste ambiente relacionados coa ciencia natural e social ( xeografía, fauna, flora…). Por último visitamos o ambiente do Café-Teatro (Identidade de artes escénicas) onde falamos da importancia de expresarse a través do corpo, o xogo simbólico…

Dende o Ceip Heroínas de Sálvora, mostraron a súa ilusión e gratitude por esta visita na que se compartiron distintos puntos de vista, vivencias, dúbidas… unha visita onde se constrúen pontes de proxectos comúns de infancia, de escola e por extensión de vida. Para rematar dicir que esta visita non sería posible sen a mestra Uxía que foi a nosa guía e unha fantástica comunicadora, o noso alumnado quedou encatado coas súas explicacións.

VISITA AO CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA (AGUIÑO)


image | by Dr. Radut