Skip to Content

MERGULLÁMONOS EN AUDACIA!

MERGULLÁMONOS EN AUDACIA!

Visitamos a Cidade da Cultura para mergullarnos no festival de Artes e Emprendemento, Audacia, un espazo de intercambio para descubrir ideas e procesos de traballo, no ámbito da arte, creación e emprendemento. Celebrouse no Museo Centro Gaiás e o noso alumnado de 4º ESO (EPV), 1º e 2º BACH participou nas conferencias de artistas profesionais e emprendedores do eido cultural coma:

  • Escollendo sempre o camiño máis difícil-Coñecendo a Oliver Laxe, o primeiro director cun filme en galego seleccionado e premiado no Festival de Cannes (Francia).

  • Tecnoloxía e arte-Coñecendo a Daniel Canogar, artista español de vangarda con gran proxección internacional e obras no Raíña Sofía ou no Museo de Historia Natural de Nova York.

  • Esqueletos de Stop motion-Coñocendo a Sonia Iglesias, model maker da animación galega que traballou con Tim Burton.

  • Audiovisual: guionizador e dirección de series-Coñecendo a Carlos Sedes, director da serie Fariña e primeiro director español en traballar para Netflix.

 O programa completouse cunha visita a zona expositiva e showroom de empresas e emprendedores.

 

 

 

 

 



image | by Dr. Radut