Skip to Content

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O venres 21 de xuño, tivemos o FESTIVAL FIN DE CURSO, dende ás 12:00 ata ás 14:30 no recinto interior do IES. Foi un evento moi animado no que participaron alumnos/as de 2º ESO con unha coreografía moi preparada que fixo a ledicia de toda a comunidade educativa.

Tivemos tamén unha “Pelexa de Galos”, entre alumnos de 3º ESO e 1º BACH., e a actuación de “XEVA”. O son correu a cargo de Musieventos, que xa colaborara con nós no festival de Entroido.

Participou toda a comunidade educativa e a ANPA encargouse da financiación dos agasallos das gañadoras da mellor coreografía e dos gañadores da “Batalla de Galos”. A propia presidenta da ANPA fixo a entrega dos mesmos. Tamén tivemos empanadas e bebidas para todas e todos.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E BO VERÁN!!

 

 

FESTIVAL DE FIN DE CURSO


image | by Dr. Radut