Skip to Content

Rematamos o curso con teatro!!

Rematamos o curso con teatro!!

Con motivo das celebracións do final de curso, o alumnado de 1 da ESO representou tres obras de teatro, nas que participaron activamente e de forma moi responsable varios alumnos e alumnas dos tres grupos: os de A, representaron A tolemia de don Sancho, os de B, O rei Artur e a abominable dama, e os de C, Asasino insospeitado.

Para isto realizáronse previamente varios ensaios nas clases e recreos da última semana lectiva e procedeuse a habilitar a aula de usos múltiples, para ter un fondo, iluminación e decorados, para o cal contamos con dous alumnos da FP Básica (Dónovan e Sergio ) e dous de segundo (Cristoffer e Adrián).

Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación, entusiasmo e talento, porque a verdade é que o fixeches xenial. Un grande aplauso.

 



image | by Dr. Radut