Skip to Content

O IMER gaña a Terceira Edición do Premio Iberoamericano de Educación en Dereitos Humanos “Óscar Arnulfo Romero”

A Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI) e a Fundación SM, coa colaboración do Ministerio de Educación e Formación Profesional, recoñeceron ao Instituto de Mediación Educativa de Ribeira (A Coruña) como gañador nacional da Terceira Edición do Premio Iberoamericano de Educación en Dereitos Humanos “Óscar Arnulfo Romero”.

O Instituto de Mediación Educativa de Ribeira (IMER) é unha asociación educativa na que participa profesorado do IES Leliadoura do resto dos centros de secundaria do concello. Moitos parabéns a todas as integrantes, nomeadamente as profesoras do noso centro Ana Álvarez, Maria Carmen González Acevedo e Concha Paz, xa xubilada. (Foto de Marcos Creo).

Máis información:

Organización de Estados Iberoamericanos para la Educación, la Ciencia y la Cultura (OEI)

O IMER gaña a Terceira Edición do Premio Iberoamericano de Educación en Dereitos Humanos “Óscar Arnulfo Romero”


image | by Dr. Radut