Skip to Content

Visitamos en Compostela o Pórtico da Gloria e o Museo de Historia Natural

Visitamos en Compostela o Pórtico da Gloria e o Museo de Historia Natural

O pasado martes, día 30 de abril, viaxamos cos grupos de 2º da ESO a Santiago de Compostela coa idea de que o alumnado poideran ver in situ contidos que foran explicados na aula no relacionado coa Idade Media tanto en arte como en historia. Ademais de realizar unha visita guiada ao Pórtico da Gloria tamén entramos ao interior da catedral para poder apreciar con detalle os elementos estruturais do románico.

Visitamos tamén, o  Museo de Historia Natural. Foi unha visita de marcado carácter didáctico-científico onde disfrutaron das explicacións de guías de excepción: o profesorado de bioloxía que acompañou ao alumnado xunto coas profesoras de xeografía e historia e relixión.



image | by Dr. Radut