Skip to Content

Encontro con Fernando Lalana

 

O pasado día 25 de marzo tivemos a ocasión de recibir ao escritor Fernando Lalana nunha actividade para o alumnado de primeiro e segundo da ESO, organizada polo Departamento de Lingua Castelá. Intégrase dentro do ciclo dos Encontros c@s escritores/as, e nesta ocasión tiveron a oportunidade de coñecer ao narrador das historias de Escartín en Lima e La tuneladora, novelas de intriga e suspense de grande éxito e acollida entre os lectores máis novos. Puideron plantexarlle dúbidas e cuestións sobre o narrador, as personaxes ou o proceso de creación das novelas, nunha conversa distendida e animada, na que o fío condutor foron as preguntas e inquedanzas do alumnado.

 

 

Encontro con Fernando Lalana


image | by Dr. Radut