Skip to Content

A PREOCUPACIÓN POLO MEDIO AMBIENTE LEVOUNOS AO COMPOSTEIRO MUNICIPAL DA ILLA DE AROUSA

A PREOCUPACIÓN POLO MEDIO AMBIENTE LEVOUNOS AO COMPOSTEIRO MUNICIPAL DA ILLA DE AROUSA

O día 28 de marzo achegámonos ao concello da Illa de Arousa para visitar o composteiro municipal que ten implantado e que recolle os residuos domésticos orgánicos para convertelos en compostaxe para fertilizar a terra. Ao fronte está a concelleira de Medio Ambiente e Participación Cidadá, Dona Gabrielle Frein Von Hundelshausen, unha muller que chegou dende Alemania á Arousa para limpar o petróleo vertido polo Prestige, namorouse da Arousa e quedou a vivir aquí.

Dende a Concellería de medio ambiente de A Illa de Arousa, contarannos que veñen promovendo desde fai bastante tempo o uso da reciclaxe entre toda a veciñanza:

  • Son pioneiros na compostaxe doméstica no ámbito galego, que é un sistema eficaz de redución e reciclaxe dos residuos orgánicos domésticos. Só tres composteiros municipais funcionan en Galicia, un en Allariz, outro en Pontevedra e outro o da Illa de Arousa.

  • Nestes momentos contan con mais de 450 composteiros na Illa de Arousa, o segundo de Galicia por número de habitantes, ofrecendo a todos estes un desconto no recibo da recollida de lixo.

  • O Concello ademáis de dar un servicio a veciñanza, tamén colabora para mellorar o monte e previr incendios.

  • O punto limpo está traballando dende o 2008.

Toda esta información causounos moita impresión, pois na costa norte da ría non temos ningun concello tan preocupado polo medio ambiente. Sería moi intereseante facernos eco deste proceso, para que as persoas que se presenten as proximas eleccións municipais teñan como proposta no seu programa electoral os composteiros municipais; que é un modelo que aforra desplazamentos en camión, levando os residuos a traves de toda Galicia e evita a contaminación xerada pola planta incinaradora de Meirama.



image | by Dr. Radut